Santiago Davila Agulla


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 10 de xullo de 1947 (†27 de xuño de 2005)
Lugar de Nacemento: Bueu (Pontevedra)
 Currículum

Técnico de radiodifusión, foi membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

 Obras realizadas

Ata 1986 traballou na Cadena SER en Santiago. Posteriormente traballou na Radio Galega (CRTVG). Desde 1992 a 1994 presentou e dirixiu os programas da TVG “Na casa” e “Galicia Enteira”. Foi autor das entrevistas que emite a Radio Galega e o canal internacional da TVG, baixo o título xenérico de “Os Almorzos no Hostal”.

 Outros datos de interese

Foi galardoado cos seguintes premios: 3º Premio Nacional de Xornalismo, do Padroado Nacional de Loterías, modalidade de radio (1995), Premio da Asociación de Consumidores de Galicia, Premio Garda Civil 1999, cunha reportaxe emitida no programa “O Miradoiro” da Radio Galega, baixo o título “A Garda Civil no Camiño de Santiago”, Premio “ONCE galegos da solidariedade” (1999), 2º Premio Nacional de xornalismo gastronómico “Álvaro Cunqueiro” (2001) polo traballo 50 anos de gastronomía e Primeiro Premio Nacional de xornalismo, no apartado de radio, na IV edición dos premios TIFLOS de xornalismo (2001) polo programa “O Miradoiro da integración”.