fotos gallegos

No portal GALEGOS, dentro da plataforma en Internet www.galiciadigital.com, pretendemos ofrecer un amplo abano de galegas e galegos, de hoxe e de sempre, que destacan ou destacaron nalgún aspecto da realidade do país.

Estamos a construír un “Quén é Quén” en Galicia, non só para difundir no exterior o labor das nosas xentes senón –e moi especialmente- para que poidamos coñecernos mellor, valorando os méritos dos que nos quedan máis preto e facéndolles saber o noso recoñecemento.

Ós incluídos, agradecemos ternos facilitado os seus datos e autorizado a súa difusión. E a todos os internautas solicitamos colaboración para que nos faciliten datos de galegos –nados ou residentes en Galicia- que aínda non estean aquí recollidos e merezan esta distinción e, no caso de que observen erros no que publicamos nos informen ó correo info@galiciadigital.com.

 

Galegos / GaliciaDigital

Interdix Galicia S.L.

Ámbito Cultural - El Corte Inglés