
CurrículumNacín en Pontedeume, A Coruña, no 1997. Son actual integrante da banda 'Costra Nosa' como vocalista. Desfruto da natureza e da música a partes iguais. Realicei os estudos de Servizos en Restaurante aínda que máis adiante decanteime por Integración Social. Fun gañadora do terceiro posto do 'V concurso de microrelatos As Gabarras' na miña época de instituto, xa que foi cando comecei coa escritura. Personalmente utilizo a poesía como vía de expresión dos meus sentires, e o feito de facer chegar a máis xente o que escribo, ou o que canto, paréceme revolucionario.