José María Pérez Álvarez


Pseudónimo: Chesi
Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 9 de abril de 1952 († 24 de decembro de 2025)
Lugar de Nacemento: O Barco de Valdeorras (Ourense)
 Currículum

José María Pérez Álvarez, Chesi, foi un escritor galego con obra maioritariamente está en castelán. Foi considerado por diferentes críticos como un dos mellores narradores contemporáneos, ainda que toda a vida se mantivo á marxe dos circuitos comerciais.

Tras varias décadas publicando obras esixentes de reducida tirada e pouco alcance comercial, saltou á fama como autor de culto a partires da recomendación da súa obra Nembrot (2002) por parte de Juan Goytisolo en 2003. Nos seguintes anos obtivo o Premio Bruguera e viu un artigo seu plaxiado por Bryce Echenique, ademáis de adicarse á divulgación cultural.

Dirixiu dende 1994 ata 2004 un programa de divulgación literaria na cadea radiofónica española SER, chamado 'El libro de la semana', no que analizaba obras de poesía, narrativa e teatro de autores de todo o mundo. Colaborador da revista Jano e en 'tallerdeediciones.com', foi director da colección «La Letrería» da editorial Duen De Bux, dende 2007 ata 2011. Obtivo os premios 'Mor de Fuentes', 'Hucha de Plata', 'Gabriel Miró', 'El Golpe', 'Ramón Sije', 'Felipe Trigo' e o 'Constitución de novela larga'. Aparece selecionado na antoloxía «Afinidades electivas» (revista Letras libres, 2003), coordinada por Juan Goytisolo. Con 'La soledad de las vocales' obtivo o 'III Premio Bruguera de Novela'.

Asimesmo, parte da súa novela La soledad de las vocales, xunto coas de outros autores españois, foi traducida ao francés pola Universidade de Lausana, a raíz dun congreso sobre «Nueva narrativa española» que tivo lugar en Lausana, en maio de 2011, dirixido por Goytisolo. Tamén outras coñecidas personalidades do mundo do cine, como o director José Luis Cuerda -quen lle presentou en 2011 a pequena novela satírica El Disfraz-, fixaronse na literatura de Chesi.

José María Pérez Álvarez viu con sorpresa cómo o artigo «Las esquinas habitadas», publicado en Jano e no portal Galipress.com, foi plaxiado por un dos grandes, Alfredo Bryce Echenique (Premio Planeta 2002), o 12 de novembro de 2006, en El Correo de Lima, baixo o título «La tierra prometida». A pesares dos «mil millóns de disculpas» que realizou o «planetario», e que atribúe a confabulacións para acabar coa súa carreira, o certo é que a ninguén se lle escapan as «traicións» que últimamente lle xoga a informática a Echenique, e que lle teñen valido algunhas querellas ao respecto.

Colaboraba co xornal El Faro de Vigo e algúns dos seus artigos sobre Ourense foron recopilados, en 2023, pola Deputación no libro 'La última patria', unha auténtica guía sobre a cidade.

A actividade literaria de José María Pérez Álvarez é, con todo, prolífica. Xunto ás súas novelas e contos publicados, aparecen obras súas en galego en distintas revistas (Animal e Trebo), e un relato, «Sempre abril e domingo», na antoloxía Narradores de cine (Ed. Xerais). Tamén unha novela curta, Notas necrolóxicas, no libro antolóxico Palabras da montaña. En El Faro de Vigo publica últimamente artigos, e ademáis colaborou en catálogos de pintores, escultores e fotógrafos, como X. Cuíñas, Lazcano, Terrachán, Acisclo Manzano, Alexandro, Virxilio, Buciños e Mani Moretón.

A principios de 2012, Juan Goytisolo, un dos dez autores elexidos para compoñer o comité da Finnegan's List, propuxo, xunto a outras dúas obras, 'La soledad de las vocales'.

En outubro de 2014 publica a súa última novela, 'Examen final' coa editorial Trifolium, que novamente recibiu os eloxios de Juan Goytisolo no suplemento "Babelia" de El País.

Entre 2014 e 2020 administrou o blog 'El arte del puzle'. Faleceu en Ourense o 24 de decembro de 2025 á idade de 73 anos, deixando polo menos catro novelas inéditas escritas nos últimos anos, ademáis de contos, poemas e un sinfín de correspondencia. Ainda que a maior parte dos textos están escritos en castelán, hai algúns en galego. Dende entón, a súa familia traballa pola recuperación, conservación e impulso do seu legado literario, tanto do publicado como do que aínda non viu a luz.

O 9 de maio de 2026, o Liceo de Ourense acolleu a homenaxe 'Chesi: vivir para narrar', adicado á figura de José María Pérez Álvarez e no que participaron personalidades como a poeta Chus Pato ou o escritor Francisco López Serrano. Dous meses despois, a Deputación de Ourense editou un libro homónimo coas intervencións leídas durante o acto, ás que se incorporaron textos de escritores, editores e xornalistas de distintas partes de España.

 Obras realizadas

Bibliografía

Casi toda a súa obra se atopa escrita en castelán, polo que se indican específicamente as escritas en galego:

Los siete signos (1974), conto.

El hombre con un sombrero como Humphrey Bogart (1975), conto.

Nueve de abril (1986), conto.

La vida innecesaria (1988).

Como se nada existisse (1993).

Las estaciones de la muerte (1987, reeditada por Duen De Bux en 2008).

En perigo de extinción (1996, Edicións positivas, escrito en galego).

Un montón de años tristes (1999).

Nembrot (2002). Reeditado en 2014 por 'Uno y Cero' Edicións en formato dixital.

Cabo de Hornos (2005).

La soledad de las vocales (2008).

El disfraz (2011).

Tela de araña (2012).

E.A.B. (Escritor Ágrafo Bipolar) (2013).

Dos por uno (2014), antoloxía de artigos xornalísticos na que tamén inserta os seus escritos Santiago Lamas Crego, autor, entre outros libros, de Galicia borrosa, Fíos e lecturas e Ferrín e outras historias.

Examen Final (2014).

Nembrot (Transmigraciones y máscaras) Ed. Trifolium (2016). É a versión orixinal de Nembrot (DVD Ediciones, 2002) e contén quince capítulos máis e 200 páxinas inéditas.

Predicciones catastróficas Ed. Trifolium (2018).

El arte del puzle. Ed. TREA, 2019.

Los años borrosos . Ed. TREA, 2021

La última patria (Deputación de Ourense, 2023). Textos acerca de diversos lugares da cidade de Ourense.

Chesi: vivir para narrar (Deputación de Ourense, 2026). Libro da homenaxe a Chesi que tivo lugar no Liceo de Ourense o 9 de maio de 2026. Recolle os textos lidos durante o acto e outras incorporacións.

 

Premios literarios

Mor de Fuentes (contos, 1973)

Hucha de Plata (contos)

Gabriel Miró (contos, 1986)

Gabriel Sijé (novela curta, 1988)

Felipe Trigo (novela curta, 1993)

Constitución (novela, 1987)

Bruguera (novela, 2008)

Co conto titulado 'La fuga' foi finalista dos Premios del Tren (2012).