Rosendo Díaz-Peterson


Categoría: Escritor
Lugar de Nacemento: Sober (Lugo)
Teléfono: 986300003
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

É doutor en Literatura, Lingua e Cultura Española e Hispanoamericana (The University of Illinois, Campaigne-Urbana, 1974). Fixo un máster en Literatura Española (Catholic University of America, 1971), o postdoutoramento en Teoloxía, Socioloxía e Psicoloxía (Universidade de Lovaina, Bélxica, 1969) e o doutoramento en Teoloxía (Catholic University of America, 1964). Está especializado na Xeración do 98, na Narrativa Hispanoamericana Contemporánea, no Pensamento do Século de Ouro Español, na Cultura Española e en Teoloxía.

 Obras realizadas

Dentro das súas obras podemos destacar: La Confirmación (Santiago de Chile: Ed. Paulinas, 1964); Los Nuevos Tiempos y la Iglesia (Santiago de Chile Ed. Paulinas, 1965); El Ministro y la Sacramentalidad del Matrimonio en Hugo de San Víctor (Lovaina, Bélxica, 1968); La Vocación al Matrimonio (Madrid, Stadium, 1968); Unamuno: El Personaje en Busca de Sí Mismo (Madrid, Playor, Nova-Scolar, 1975); O Fillo de Don Tomás (A Coruña, Ed. Castro, 1985); Cartas del Medio Oeste (Madrid, Albar, 1986); Las Novelas de Unamuno (Maryland-Washington, Scripta Humanistica, 1987) e De Colores (Madrid, Andrómeda, 1990). Publicou ensaios e narrativa sobre Galicia, sobre La Celestina no Boletín da Real Academia Española, sobre Juan Valera, etc...