Teodomiro Cardalda Fernández


Pseudónimo:Ventorachado
Categoría: Mariño e escritor
Data de Nacemento: 30 de novembro de 1946
Lugar de Nacemento: Vilaxoán de Arousa
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Como mariño mercante e maquinista naval recorreu os mares de África, América e Europa ó longo dos últimos anos. Debido á súa afección á Historia (autodidacta e cuns coñecementos centrados principalmente na súa vila natal e bisbarra), en 1995 funda a revista "Avante", sendo o seu director ata 1998. Esta revista recollía noticias do pobo e desenvolvía unha labor didáctica en relación coa historia da vila. No 2011 publicou un só número desta mesma revista, facendo unha compilación dos anos 90 ata 2011, recollendo historia, opinións e entrevistas.

 Obras realizadas

En 1998 publicou o libro 'Vilaxoán de Arousa' (A realidade dun pobo). Ese mesmo ano saíu á luz o libro 'O Cancioneiro e o Mar', onde realizou Introito, libro que recolle o recital de 20 poetas de Galicia, destacando Uxío Novoneyra (foi o seu último recital antes do seu falecemento). O prólogo do libro corre a cargo de Francisco Fernández del Riego. No ano 2001 publicou 'Estudio Artístico-Histórico da Igrexa de San Martiño de Sobrán, século XII'. Escribiu un extensa biografía dun personaxe nacido na súa vila e que se titula 'D. Francisco del Valle-Inclán Santos, S.XVIII'.

No 2003 foi convidado a escribir un artigo no libro "Homenaxe a Borobó" con título "De Vilaxoán a Trevonzos co Touporroutou da Motora". Libro onde escriben unha morea de persoeiros de Galicia, sendo o seu coordinador Xoán Guitián e publicado por Edicios Do Castro". En febreiro de 2007 publicou 'Á Beira do mar de Arousa' con Limiar de Raimundo García Domínguez (Borobó), e epílogo de Teo Cardalda Gestoso músico galego do grupo Cómplices. No 2012 publicou conxuntamente con Xabier del Valle-Inclán unha morea de artigos sobre D. Ramón del Valle-Inclán. Artigos que será plasmados nun libro. 

Ten escrito artigos sobre os antergos de Ramón del Valle-Inclán na revista Galegos-Gallegos". Remata de escribir con Xabier del Valle-Inclán, unha serie de retallos (algúns inéditos) de duascentas páxinas sobre o grande escritor dos esperpentos que se converterá nun libro, titulado "D. Ramón del Valle-Inclán en Arousa: tirando do chicote".

 Outros datos de interese

Publicou artigos de opinión e históricos nos xornais A Peneira, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Ideal Gallego, Actualmente escribe artigos de opinión en Diario de Arousa e Galicia Dixital.

Foi membro en Vigo e Vilagarcía do PCG desde 1972 a 1980.