Ramón Villar Ponte


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 10 de xullo de 1890 (†† 14 de setembro de 1953)
Lugar de Nacemento: Viveiro (Lugo)
 Currículum

Estudiou o bacharelato por libre e examinouse no Instituto de Lugo. Despois superou en Santiago o preparatorio de Filosofía e Letras, carreira que realizou, na sección de Letras, na Universidade de Madrid (1912-16), regresando a Galicia ó licenciarse. Foi o organizador, xunto con Jaime Quintanilla, da Irmandade da Fala de Ferrol e o redactor dos seus boletíns. En 1921 accedeu á dirección do xornal ferrolán El Correo Gallego. En 1921 o grupo de Ferrol fundou "Céltiga", a primeira editorial nacionalista, precursora de "Lar" e "Nós", sendo Ramón Villar o seu xerente. En 1922 trasladouse a Viveiro onde creou o grupo nacionalista que figura organicamente como Subdelegación da Delegación da ING en Ferrol. Foi correspondente de El Sol e La Voz de Madrid, colaborando, tamén, en Galicia e El Pueblo Gallego de Vigo.

 Obras realizadas

O ensaio O sentimento nazonalista e o internazonalismo, ingresou no Seminario de Estudos Galegos coa súa lectura en 1927, foi publicado en 1929 como serie de artigos en "A Nosa Terra". Entre as súas obras destacan: Historia sintética de Galicia (A Coruña, 1927); Breviario de Autonomía (Santiago, 1933) e Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W. B. Yeats (Santiago, 1935).

 Outros datos de interese

En 1936 culminou a iniciativa do seu irmán Antón coa fundación, en Santiago de Compostela, da Asociación de Escritores de Galicia.