Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, pertence ó Corpo de Letrados da Administración da Seguridade Social e ó Corpo Nacional de Secretarios de Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana. Foi xefe da Secretaría do Ministro da Presidencia (1974-1976), xefe da Asesoría Xurídica Provincial da Seguridade Social (1976-82), secretario xeral técnico da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración da Xunta de Galicia (1982-1986), secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura (1986-1987), secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade (1987-1990) e vicesecretario xeral técnico da Consellería da Presidencia e Administración Pública (1990-1993). Foi secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública. É diplomado en Asuntos Comunitarios polo Ministerio Español de Asuntos Exteriores. Desde abril de 2009 é director da Escola Galega de Administración Pública.