Ós dez anos ingresa no Seminario Conciliar da súa cidade natal, no que cursa con excelentes cualificacións toda a carreira (catro anos de Latinidade e Humanidade, dous de Filosofía e cinco de Teoloxía) e no que pronto se manifestarían as súas calidades musicais. O vicerrector do Seminario encárgao da creación dun coro de seminaristas. Entón oposita a unha praza vacante de organista na catedral de Mondoñedo. Como non tiña a idade requirida Montes non puido ter dereito á praza. En 1863 termina os seus estudios eclesiásticos pero rexeita a carreira sacerdotal para dedicarse totalmente á música. En 1871 oposita, sen éxito, á praza de organista segundo da catedral. Por encargo do Concello, reorganiza a Banda municipal coa que dará múltiples concertos desempeñando a súa dirección ata 1890. En 1879 crea o Orfeón Lucense, co que gana o primeiro premio nun certame organizado en Ferrol. En 1887 o Orfeón Lucense cambia a súa denominación pola de Orfeón Gallego e partir de entón comeza unha carreira brillante de triunfos.
Ós dez anos ingresa no Seminario Conciliar da súa cidade natal, no que cursa con excelentes cualificacións toda a carreira (catro anos de Latinidade e Humanidade, dous de Filosofía e cinco de Teoloxía) e no que pronto se manifestarían as súas calidades musicais. O vicerrector do Seminario encárgao da creación dun coro de seminaristas. Entón oposita a unha praza vacante de organista na catedral de Mondoñedo. Como non tiña a idade requirida Montes non puido ter dereito á praza. En 1863 termina os seus estudios eclesiásticos pero rexeita a carreira sacerdotal para dedicarse totalmente á música. En 1871 oposita, sen éxito, á praza de organista segundo da catedral. Por encargo do Concello, reorganiza a Banda municipal coa que dará múltiples concertos desempeñando a súa dirección ata 1890. En 1879 crea o Orfeón Lucense, co que gana o primeiro premio nun certame organizado en Ferrol. En 1887 o Orfeón Lucense cambia a súa denominación pola de Orfeón Gallego e partir de entón comeza unha carreira brillante de triunfos. O seu autodidactismo fixo que xa na súa época do Seminario compuxese panxoliñas de sabor local, pregarias, himnos e unha partitura xa considerable titulada Las siete palabras de Cristo en la Cruz. En 1888 obtén un primeiro premio en Vigo coa Alborada Gallega para banda, na Coruña obtén tamén primeiros premios coas obras As lixeiras andoriñas (balada), O pensar do labrego (balada) e Sonata Gallega Descriptiva, para dous violíns, viola e violoncello, da que realizaría un excelente arranxo para banda. Noutro certame en Virgo en 1891 obtén dous primeiros premios por Aires Populares de Galicia (pasodobre) e Nocturnos, tamén en León (1892) por Himno, para voces solas, e Barcarola, para orfeón, en Pontevedra con Romanzas Gallegas e tamén un primeiro premio en La Habana en 1892 coa balada Negra Sombra. Son moitos máis os premios conseguidos tamén co Orfeón Gallego en certames de toda España con obras como Cuarteto de arco, Misa, Las siete palabras, Te Deum, Oficio de Difuntos, Misa de Requiem, Pregaria á Virxen do Rosario, Ofertorio-Marcha sobre el himno "Ave María Stela", varias misas máis, pregarias, himnos, etc.Dentro da súa producción profana destacan Himnos, O bico, Rapaciña si quisieres, Pasodoble de Trompetas, Aires populares de Galicia, etc.