Estudiou o Bacharelato no colexio dos xesuitas en A Guarda. Licenciouse en Ciencias Exactas pola Universidade de Madrid en 1904. Sendo aínda moi novo, amosou a súa vocación polas Matemáticas e a Astronomía. En 1912 construiu en Lalín un observatorio astronómico, o primeiro que existiu en Galicia e un dos máis importantes de España.En 1944 otorgóuselle a cátedra de Astronomía, creada na Facultade de Ciencias.Foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (1939) e da Real Academia Galega (1941), director do observatorio astronómico da Universidade de Santiago, etc. Dominaba dez idiomas.
Dirixiu catro tesis doctorais e publicou Algoritmia, Principios fundamentales de la ciencia de los números (1918), Introducción a la Astronomía (1943) e Astronomía a simple vista (1948).Colaborou tamén en varias publicacións como Revista de la Sociedad Astronómica de España y América, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Las Ciencias, Publicaciones del Observatorio de Santiago, Revista de Geofísica, Utama, Astronomische Nachrichten, L'Astronomie.
En 1960 concedéuselle en Lalín un gran homenaxe e inaugurouse unha estatua feita por Francisco Asorey.