Filla do republicano Santiago Casares Quiroga, María e a súa familia trasladáronse a Madrid en 1931 tras ser nomeado o seu pai Ministro da Segunda República.En 1937 cruza a fronteira cara o exilio e en Le Perthus coñece ó actor francés Alcover, que a recomenda en París a xente do teatro. En 1941 ingresa no conservatorio.En 1978 casa con André Schessler e adopta a nacionalidade francesa.
A partir das primeiras interpretacións "Berenice", Deirdredan Dones" e "Juana de Arco" a súa carreira é imparable. En 1985 volve a España para interpretar "Madone Lavelli" e recibe numerosísimos premios. O rei Juan Carlos concédelle a gran cruz de Isabel a Católica.A carreira teatral de María Casares foi amplísima. Velaquí as súas obras máis importantes: "Estado de sitio", "Seis personaxes en busca de autor", "A muller adúltera", "Os irmáns Karamazov", "El demo e o bo Deus", "As Epifanías", "O xuízo de Deus", "O malentendido" de Albert Camus, "Yerma", etc.É tamén a actriz de "Les enfants du paradis" de Marcel Carné, "Les dames du Boulogne" de Robert Bresson, "Orfeo" de Jean Cocteau, "La séptima puerta", "La Cartuja de Parma".... En 1980 publícase tamén o seu libro de memorias no que describe con morriña ós seus pais e os seus anos na Coruña.