Estanislao Fabricio Fernández de la Cigoña Núñez


Pseudónimo:Joseph de Milmanda e Américo Inconcluso
Categoría: Investigador, escritor e ecoloxista
Data de Nacemento: 31 de xullo de 1941
Lugar de Nacemento: Vigo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Destaca polos seus traballos de investigación e polos servicios prestados altruistamente á sociedade galega. É o actual presidente das seguintes entidades científicas, culturais e sociais: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE); Instituto Galego de Estudios Mariños (IGEM); Amigos dos Animais (AAA); Promúsica; Estudios e Defensa do Mar (ESDEMAR); Antisida Galicia Sur e Universidad Miñota (UMATI). Como naturalista é o descubridor en Galicia de tódalas colonias de cría do paíño europeo (Hydrobates pelagicus); describiu por primeira vez o sapoconcho riscado (Mauremys leprosa) criando nunha lagoa galega; encontrou un peixe ata agora nunca citado nas nosas aguas fluviais: a barbela do Miño (Cobites Victoriae); describiu o único meteorito que se encontrou oficialmente na nosa rexión; inventariou a practica totalidade dos petos de ánimas de Galicia, etc.

 Obras realizadas

Publicou 25 libros, entre os que destacamos: Illas de Ons e Salvora, historia natual e humana (1989); Viaxeiras da auga (1990)¸Fauna galega para nenos galegos (1990); Cruces mariñas e de mala morte das costas galegas (1990); Illas de Galicia (1991); Cíes y Ons, la ruta de las islas (1991); Galicia, flora, fauna, terra e mar (1992); Esta fauna nosa (1994); As covas de Galicia (1995); Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia (1997; Esmoleiros e petos de ánimas da Coruña, Ourense e Pontevedra (1998); Cando as estrelas caen do ceo (1999); Tódolos peixes de Galicia (1999) e Fauna das augas galegas (1999).

 Outros datos de interese

Concedéronlle o premio de investigación Taboada Chivite (1998) e a medalla ó Mérito Cultural da Universidade Miñota (1996). Impartiu, como especialista, diversos cursos sobre cetáceos, tartarugas, aves e meteoritos nas universidades españolas, sendo incontable o número de conferencias dadas por toda a rexión.