1990. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
1991. Master en Dereito Financeiro e Tributario no Centro de Formación Comercial Accounting.
1992. Preparación de Oposicións para Corredor de Comercio e ante a supresión deste corpo, a Inspector de Finanzas do Estado, con superación dos dous primeiros exercicios.
1992. Comezo da súa actividade profesional.
1996. Master de Xestión Turística na Universidade de Vigo.
FORMACION COMPLEMENTARIA
1985/86. "Dereitos fundamentais e liberdades públicas". Universidade de Santiago de Compostela.
1985. "Delincuencia Económica", Departamento de Dereito Internacional Público da Universidade de Santiago de Compostela.
1987/88. Inglés para o Comercio, Banco de Comercio.
"Estratexias para un sector turístico de calidade", Universidade Euroamericana.
"Planeamento, Xestión urbanística e réxime xurídico do solo", Instituto Privado Galego de Estudos Xurídicos.
"Empresa xornalística e a súa liberdade", Universidade Euroamericana.
Curso de Dereito Marítimo.
"Curso de contratos civís, mercantís e bancarios", Centro de Estudios Bancarios, Madrid.
"Curso de Operacións Bancarias", Centro de Estudios Bancarios, Madrid.
"Curso de Derecho Mercantil y Concursal", Centro de Estudios Bancarios/Madrid.
Ata Marzo de 1993, realizou actividades comerciais e financeiras ó frente da "Galería de Arte Citania".
De 1993 a1996, Asesor xurídico interno do Banco Popular Español, S.A.
Nesta entidade estivo ó frente dun equipo técnico e humano que desenvolvía a súa labor especialmente na Zona Norte da Comunidade Autónoma de Galicia, realizando labores tanto contenciosas, como extraxudiciais.
De 1996 a 2001 (con excedencia do Banco de Galicia), ingresou como socio no "Despacho de Abogados e Asesoría Fiscal y Financiera, Forum Tributario, S.L."
Durante os cursos 2002-2004, profesor asociado na Universidade de Vigo, impartindo a materia de Dereito Fiscal e Tributario.
Administrador único da sociedade "Urbanismo Natural y Construccion Residencial, S.L." que realiza actividades de promoción urbanística e arrendamentos de inmobles.
Fundador e Presidente da sociedade "Quintanilla y Asociados, S.L." sociedade que se adica á prestación de servizos fiscais e financeiros
Socio e director xeral, da sociedade "Aqua, Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P." integrada por un amplo equipo de avogados e economistas, na que se desenvolven as principais especialidades xurídicas e que conta con estructura en Galicia, Madrid e Portugal, fundamentalmente, sen perxuizo de poder abarcar calquera outro punto xeográfico, polas súas importantes conexións a nivel internacional.
En 2012 foi nomeado cabaleiro da "Orden del camino de Santiago".
Membro da sociedade internacional de "Abogados Eurojuris International", que engloba prestixiosos despachos de avogados de máis de trinta países.
Xerente da Asociación de Transportistas de Contenderos do Porto de Vigo.
Membro activo e tesoureiro do "Rotary Club Internacional", na sede situada na cidade de Vigo.
A súa pasión viaxeira, levouno a embarcarse como voluntario no buque Juan Sebastián El Cano e dar a volta ó mundo a bordo do mesmo, do ano 1982 ó 1984, pasión que non cesou dende entón e que o levou a percorrer os cinco continentes.
É criador de cabalos de Pura Raza Española.
Lector impenitente, afeccionado á historia e membro da "Asociación Napoleónica Española", foro de investigación, estudo, debate e recreación desa importante época da nosa historia recente.
Practica regularmente hípica, ciclismo e esquí.