Rafael Louzán Abal


Categoría: Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
Data de Nacemento: 21 de novembro de 1967
Lugar de Nacemento: Ribadumia (Pontevedra)
 Currículum

A súa carreira profesional iníciase no Concello de Ribadumia como funcionario, actividade que compaxina coa faceta empresarial.

En 1995 ocupou o cargo de tenente de alcalde do seu concello natal e foi elixido deputado provincial en representación da Comarca de O Salnés.

En 1996 foi nomeado vicepresidente da Deputación de Pontevedra, cargo que ostentou ata o seu acceso á Presidencia o 12 de xullo de 2003. En 1998 foi nomeado secretario provincial de organización do Partido Popular en Pontevedra e, en maio de 2000, presidente provincial desta formación. En xullo deste mesmo ano pasou a ocupar un posto no comité executivo galego do PP e foi nomeado para formar parte da xunta directiva nacional.

En abril do 2002, foi reelixido presidente provincial do PP.

Tralas eleccións de maio de 2003 e sendo concelleiro por Ribadumia, en xullo do mesmo ano é nomeado por vez primeira presidente da Deputación de Pontevedra. Nas pasadas eleccións de maio de 2007 noméano de novo concelleiro do Concello de Ribadumia e o 26 de xuño de 2007 é reelixido presidente da Deputación de Pontevedra.

 Outros datos de interese

Está casado e ten dous fillos.