Desde moi novo dedicouse á docencia, actividade na que seguiu as doutrinas da Institución Libre de Ensinanza. Á parte do maxisterio, o seu labor abarcou outros campos, foi o creador das Irmandades da Fala de Betanzos, director das colonias escolares coruñesas promovidas polo Museo Pedagóxico Nacional, director do Anuario Brigantino, investigador histórico e cronista oficial de Betanzos.
Publicou sobre trinta obras relacionadas coa súa cidade natal.
Foi secretario perpetuo da Real Academia Galega, membro do Instituto José Cornide e da Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, entre outras institucións culturais. Entre as medallas e distincións que obtivo destacan: Fillo Predilecto de Betanzos, Orde de Alfonso X O Sabio, premio vitalicio da Fundación "Barrié de la Maza", medalla de prata de Betanzos, medalla do Mérito no Traballo e medalla do Mérito Cultural. Betanzos deulle o seu nome ó colexio público do municipio, concedeulle a medalla de prata da cidade e o Consello nomeouno fillo predilecto.