Cursou carreira eclesiástica nos Seminarios de Mondoñedo e Lugo.Estudiou tamén Filosofía e Letras nas Universidades de Santiago e Salamanca. Obtivo unha cátedra de Latín e traballou en Málaga e Segovia.
Xosé Crecente Vega é autor dun só libro escrito en galego titulado Codeseira (Santiago, 1933). É un conxunto de poemas de tema campesiño. Neste sentido podemos consideralo discípulo de Noriega Varela xa que canta á natureza centrándose nas súas cousas máis pequenas e humildes.Publicou ademais Tíbulo, Albio. Selección de elegías (Madrid, 1946) e escribiu unha colección de poesías en galego e castelán que están inéditas.