Óscar de Castro Pedrouzo


Categoría: Deseñador Gráfico
Data de Nacemento: En 1983
Lugar de Nacemento: O Carballiño (Ourense)

   Cultura
 Currículum

Master en deseño gráfico na Escola Superior de Disseny Elisava, Barcelona e licenciado en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade San Pablo CEU (Madrid). Completou a súa formación académica na Aula Creactiva, Zinkproject e o Istituto Europeo di Design (Madrid) e a Central Saint Martins College of Art & Design (Londres).
 

 Obras realizadas

Traballou como Copywriter en El Laboratorio (Madrid), como freelance para o estudio de Daniel Castro (Vigo), e desde principios de 2008 a setembro de 2009 como deseñador gráfico en Carlos Rolando The Design Workshop, Premio Nacional de Diseño en 2005 e seleccionado pola Communication Arts (edición de marzo / abril de 2009) entre os 15 mellores deseñadores europeos dos últimos 50 anos. Na actualidade está traballando como deseñador gráfico freelance en Matte, unha boutique especializada en comunicación de estilos de vida sociais en Amsterdam.
Traballou para clientes como Nike, Tommy Hilfiger, Mercedes, Yoigo, Dry Martini Bar ou Fútbol Club Barcelona.
 

 Outros datos de interese

Foi seleccionado como un dos deseñadores do ano en 2009 por Talenthouse e é parte de YDU, unha selección de deseñadores unidos de toda Europa. O seu traballo foi elixido por numerosos blogs e revistas dixitais de deseño gráfico, e en decembro 2009, foi invitado para unha exposición no Old Truman Brewery, Brick Lane, Londres.
Algúns dos seus traballos (magazines e traballo editorial, exposicións, campañas publicitarias, roupa e estampados de tela, obras de arte de produtos, xoguetes, libros,    carteis, gravados e lenzos) pódense ve ren http://www.oscardecastro.com