Antonio Santiago Rey Cornide


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 1 de maio de 1947
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Cursou os estudos no colexio dos Irmáns Maristas da vila lucense. Estuda contabilidade e cálculo mercantil. Ingresa na banca en 1968, tendo o seu primeiro destino en Barcelona. Posteriormente estivo en Ordes, Xinebra, Bruxelas, Vigo, Bilbao, San Sebastián, Figueras, Benavente e O Carballiño, vila na que se prexubila como interventor no ano 2001. En Xinebra estuda francés na Aliance Francesa. Casado e con dous fillos, participa no movemento asociativo e cultural da vila carballiñesa, tanto nas APAS (Asociación de pais do colexio público) de Primaria como posteriormente no Instituto do Carballiño. Igualmente formou parte da xunta directiva do Casino do Carballiño.

 Obras realizadas

En 1986 pasa a formar parte do grupo de teatro Tiruleque, representando obras de Castelao, Carballo Calero, Miguel de Cervantes, Plauto, Agustín Magán... En 1993 incorpórase á Coral Polifónica do Casino do Carballiño, participando activamente en tódalas actuacións e concertos. En 2003 foi elixido presidente da Coral. En xaneiro de 2006 foi elixido presidente da Federación Coral Galega (FECOGA) por un período de dous anos. En 2009 inicia unha nova etapa co Coro de Cámara Música Viva, do Carballiño (Ourense) e na Coral Polifónica de Agolada (Pontevedra).

Aparte da música, é afeccionado ó deporte (fútbol, baloncesto, caza e pesca), fotografía, viaxar e ver programas culturais.

 Outros datos de interese

Asistiu ós cursos: ‘Direción teatral’, con Eduardo Alonso, ‘Maquillaxe’, con Toñi Mateos, ‘Vocalización’, con Santiago Fernández e ‘Técnica vocal’, con Ana Docampo Arocas.

O pasado 31 de Outubro, foille imposta pola Real Academia Galega de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario”, a insignia de prata “Marcial del Adalid” á constancia musical nun acto académico celebrado na sede da Academia na Coruña.