Manuel Álvarez emigrou a Porto Rico e, tras prosperar nos negocios, regresou á súa vila natal con vintenove anos, onde participou activamente no movemento sociocultural e político da época.
Escribiu varias obras de teatro (¡Mientras haya flores!, La tertulia de Rolán, Siempre huérfana, etc.) e artigos en prosa (El Tecla, etc.). Tamén colaborou en varias publicacións (Heraldo Guardés, Vida Gallega, La Integridad, Nuevo Heraldo, La Revista de las Antillas...) e participou na creación do Recreo Artístico Guardés e da Sociedade Pro-Monte de Santa Tecla.