Postos desempeñados: Director comercial de I. Abella (1958-1979). Director xeral comercial de Frigolouro-Porriño (1979-1990), xubilado. Ex-vocal nacional e membro da Comisión Permanente do Sindicato de Gandería. Ex-membro da Asociación Española de Marketing. Ex-membro do Consello Económico Sindical. Ex-membro da comisión Municipal de Deportes. Fundador do primeiro xornal español de Economía (3-E) en 1966. Ex-asesor técnico do Club Deportivo Lugo e do C. B. Breogán. Delegado da Federación Española de Boxeo. Presidente do Colexio Provincial de Árbitros de Baloncesto. Presidente do Club Frigolouro e directivo dos clubs Avenida, Polvorín, San Lorenzo e Ferroviaria.
Ós 16 anos comezou as súas actividades na prensa como correspondente do xornal "Gol" de Madrid. Tamén foi correspondente de tódolos xornais deportivos da época: Marca, As, El Mundo Deportivo e Dicen. Ó longo da súa actividade xornalística publicou máis de oito mil artigos, informacións e entrevistas nun total de 48 xornais e revistas rexionais e nacionais, 25 delas dedicadas a información deportiva. Tamén colaborou en cinco emisoras radiofónicas galegas.
Dúas medallas ó mérito puxilístico da Federación Nacional de Boxeo. Emblema de ouro da Federación Nacional de Baloncesto. Medalla de prata dos I Xogos Deportivos de Galicia e outros diversos galardóns deportivo-xornalísticos. Na actualidade colabora nos xornais e revistas El progreso, "Mirador Lucense" e "Xúbilo" (Lugo); "La Prensa" e "Canfali" (Alacante); "T. Tempo" (Vigo). Premio Nacional de "Ventas". Premio Nacional da D.N. De Deportes. Medalla da Feira de Mostras de Valencia.