Rosa Elvira Caamaño Fernández


Pseudónimo:Rosa Elvira
Categoría: Pintora e escritora
Data de Nacemento: 30 maio de 1954
Lugar de Nacemento: Bueu (Pontevedra)
 Currículum

É licenciada e doutora en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Para face-la súa tese de doutoramento obtivo unha bolsa da Academia de Belas Artes. É profesora titular de Pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, académica correspondente da Academia Archeologica de Roma e comisaria da única exposición antolóxica sobre Serafín Avendaño (paisaxista vigués do século XIX).

 Obras realizadas

É autora do libro Serafín Avendaño, 1837-1916 e do artigo sobre este mesmo pintor na Enciclopedia Gallega-pintores (Nova Galicia). Participa en numerosas exposicións colectivas desde 1977, destacando as realizadas en: Casa de Velázquez (Madrid), Premios Blanco y Negro (Madrid), Premo Penagos (Madrid), Centro de Arte e Cultura Ligurie, Palazzo Virgilio en Xénova e 15 Pintores de Pontevedra no Auditorio de Pontevedra. Dentro das exposicións individuais destacan as realizadas en Caixa Vigo (1981 e 1985), no Concello de Vigo, na Galería Clemente de Xénova, no Palazzo Viviani en Urbino (Italia), na Deputación de Pontevedra, en Área Central en Santiago, na Sala Barquillo de Caja Madrid, etc.

 Outros datos de interese

Entre os premios que recibiu destacan: 1ª mención de Honra do Certame de Debuxo Gregorio Prieto de Valdepeñas (1993); 3º premio do Concello de Madrid na exposición "Cuadros de Carnaval" (1993); medalla de prata da exposición internacional "Cristoforo Colombo, la nave e il mare" (Xénova-Italia, 1992) e premio Colombo ó figurativismo da asociación italo-americana de Xénova (1997).