Manuel Vila López


Data de Nacemento: 19 de maio de 1946
Lugar de Nacemento: Ponte de Outeiro, Castro de Rei (Lugo)
 Currículum

En 1957 ingresa no Seminario de Lourenzá ata 1962, finalizando quinto de latín. Continua estudos no Instituto Masculino de Lugo ata finalizar o bacharelato. A continuación comeza os estudos en Maxisterio (mestre de ensino primario) finalizando en 1966.

 Obras realizadas

Desempeña a súa laboura como mestre de ensino primario en diversos colexios da provincia de Lugo (Viveiro, Burela, Lugo, Antas de Ulla, Pastoriza e Meira). En 1986 a Consellería de Educación crea unha escola exclusiva (escola Ponte) no Poboado Chabolista de 'O Carqueixo', a 5 kilómetros da cidade de Lugo, onde, a través dun concurso de méritos, é destinado como mestre. Esta escola ponte, como ben di o seu nome, era un tránsito para a escolarización en centros normalizados na cidade de Lugo dos nenos e nenas de etnia xitana residentes no poboado. A situación do poboado, por aquel entón, era dunha precariedade total e ante esta situación, non só había que atender a labor educativa senón tamén a social, realizando unha intervención para conseguir melloras na vida destas familias. Con esa finalidade surxe a Asociación Promoción e integración Xitana de Lugo no ano 1983, a cal preside dende entón, para tratar de mellorar a situación marxinal do Poboado, tendo como obxectivo fundamental a promoción integral, dende os ámbitos da saúde, vivenda, educación, emprego... das familias xitanas da Provincia de Lugo, traballando pola súa integración plena, fomentando a súa implicación activa e dando a coñecer os valores culturais do pobo xitano.

Dende 1989, a Consellería de Educación encargalle o seguimento da escolarización del alumnado de etnia gitana en la Provincia de Lugo, entre cuyas tareas estaba: la realización dun censo do alumnado xitano, reunións cos distintos centros escolares, lograr a escolarización plena dos menores de etnia xitana, fomentar a implicación das familias na vida escolar dos seus fillos, erradicar o absentismo escolar, entre outras... tarea que desempeña ata a súa xubilación no ano 2006.

Dende entón segue colaborando de xeito activo no traballo que a día de hoxe está realizando a Asociación Promoción e integración Xitana de Lugo, traballo que durante estes preto de 40 anos ten conseguido grandes melloras na vida e acceso ós dereitos fundamentais, recoñecemento institucional e imaxe social da poboación xitana, pero que a día de hoxe continua coa súa loita ante as desigualdades que ainda afectan e esta minoría étnica.

 

Movemento Asociativo/veciñal:

Dende finais dos anos 70 reside na localidade lucense de Muimenta (Concello de Cospeito), situada a menos dun kilómetro da súa casa natal en Ponte de Outeiro. Dende un primeiro momento, trata de involucrarse no movemento veciñal, participando en diferentes actividades locales. En 1981, xunto con outros veciños conseguiron adquirir uns 8.000 metros cadrados de terreo para a creación de instalacións deportivas, destinadas principalmente para fútbol e tenis. Dende ese mesmo momento, está federado o equipo de fútbol "Sociedade deportiva de Muimenta" e o "Clube de Tenis de Muimenta".

En 1983 fúndase a Asociación Cultural e veciñal "Aquilino Iglesia Alvariño" para tratar a realización de diversas actividades culturais, tales como celebración de Nadal, Día das Letras Galegas, Entroido... e asociativas da localidade, entre as que cabe destacar:

- En 1985, a organización da primeira feira e exposición 'MOEXMU', que este ano cumple o seu 40 aniversario, sendo por aquel entón das primeiras feiras e exposicións agroganadeiras que se realizaban a nivel de Galicia, permanecendo hoxe como unha das máis importantes no sector.

- En 1986, a adquisición dos terrenos necesarios para a construcción do actual centro de Saúde de Muimenta, que con posterioridade foron cedidos á Consellería de Sanidade.

- En 1987, a realización das xestións e adquisición de terrenos para a creación dun Centro educativo, cedidos posteriormente á Consellería de Educación, que comezou a funcionar no ano 1991.

- En 1991, a adquisición de terreos e construción dun recinto feiral para a celebración da 'MOEXMU'. Rematadas as obras en 1992 realízase a primeira "Festa da Filloa", declarada a día de hoxe como festa de interese turístico de Galicia.

- En 1993 adquirese un terreo xunto ó río Miño destinado a área recreativa para os veciños de Muimenta.

- En 2009, crease a asociación de xogos tradicionais de Muimenta 'XOTRAMU' a cal trata de recuperar, practicar e difundir os xogos tradicionais de Galicia, que se realiza todos os anos, concretamente o primeiro domingo de Xuño, en Muimenta. Durante todos estes anos realizanse mostras destes xogos tradicionais en diferentes localidades e centros educativos de Galicia.

- En 2012 restaurase a antiga igrexa e escola de Muimenta, en grande deterioro por aquel entón, propiedade da diocese de Mondoñedo, conseguindo unha cesión por 50 anos para poder restaurala e poder instaurar na antiga escola o actual Museo pedagóxico que recrea unha escola de principios do século pasado. Na Igrexa créase o "Museo das Zocas", onde se expoñen as ferramentas e o xeito de elaboración, xa que en Muimenta e en toda a Comarca da Terra Cha era zona de "zoqueiros".