Luciano Yordi de Carricarte


Categoría: Enxeñeiro de Camiños
Data de Nacemento: En 1917
 Currículum

Estudiou no Instituto Eusebio da Guarda e logo realizou a carreira de enxeñeiro de Camiños en Madrid.

 Obras realizadas

Conseguiu o seu primeiro emprego na Sociedade Xeral Galega de Electricidade, para a que deseñou o encoro do río Tambre en 1949. Esta empresa foi absorbida en 1955 por Fenosa, da que Luciano Yordi chegou a ser subdirector en 1962. Desde o seu posto en Fenosa, dirixiu os encoros do Eume, Belesar, Velle, Castrelo de Miño, Frieira, Albarellos, Salas e Regueiro. Foi responsable de Vías e Obras na Deputación da Coruña, dirixindo as obras dos encoros de Cecebre, Meicende e Rosadoiro. Ademais, deseñou o viaducto de Catoira, que une as provincias da Coruña e Pontevedra.

 Outros datos de interese

O concello da Coruña concedeulle a Medalla de Ouro ó Mérito (1962) e dedicoulle recentemente unha rúa en Matogrande.