José María López Pérez


 Currículum

É presidente da Agrupación Astronómica ALLER. O Observatorio Astronómico do Coto de Zarragrande inaugurouse en setembro de 1993. Realizáronse as primeiras observacións cuns prismáticos astronómicos de 11x80 e un telescopio de 25 cm. de diámetro. En 1996 recibiuse o de 40,6, que xa estaba pedido antes de fabricalos. Naquel momento era o máis potente de Galicia. Neste observatorio publícanse dúas revistas de Astronomía amateur, as únicas que se publican en Galicia. Todos os anos se organiza un curso de Astronomía, impartindo as clases profesores da Universidade de Vigo e Santiago e astrónomos amateur desta agrupación astronómica. A clausura do curso faise conxuntamente coa festa do observatorio, na que toman parte os membros da agrupación astronómica Aller, aínda que non sen antes ir a recibir a lección maxistral ó planetario do Museo das Ciencias da Coruña impartida polo profesor Juan Carlos Medal. A agrupación ten un convenio marco de colaboración coa Universidade de Vigo e envía docentes a un curso de astrofísica que a Dra. Ana Vulla Miguel, da Universidade de Vigo, organiza por toda Galicia. Tamén enviou relatores ó curso de Astrofísica celebrado en 2003 en Ourense e a cursos de Astronomía das seguintes universidades: UIMP (Santander), Las Palmas, Santiago de Compostela, ...