Xoán Fernández Martínez


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 9 de febreiro de 1938
Lugar de Nacemento: Ribeira (A Coruña)

   Cultura
 Currículum

Autodidacta ribeirense de longa traxectoria, actualmente vive e traballa en Palmeira (A Coruña) no seu estudio ubicado á beira da Ría de Arousa.

Despois de pasar por diversas etapas de signo expresionista e abstracto, desembarcou nunha pintura hiperrealista cargada de sutís resonancias oníricas tras sufrir unha forte influencia dos pintores flamencos e holandeses do século XVII, especialmente de Johannes Vermeer, mentres estivo, durante nove anos, residindo nos Países Baixos.

Xoán Fernández participou en numerosas exposicións individuais e colectivas en Alemaña, Holanda, Bélxica, Madrid e Galicia. Ilustrou libros e revistas e colabora asiduamente cos seus debuxos en La Voz de Galicia.

Na súa pintura sérvese dunha práctica verdadeiramente artesanal utilizando métodos clásicos cunha visión moi actual na súa temática. A súa técnica é tan depurada e minuciosa que a miúdo invirte meses en realizar un só cadro. De aí que a súa produción non supera unha ducia de cadros por ano. Recentemente saíu publicada unha monografía sobre a súa obra nun dos últimos tomos da Enciclopedia de Artistas Galegos de Nova Galicia Edicións.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1964. Galería Nurso, Frankfurt (Alemaña).
1969. Galería Artes (A Coruña).
1970. Nova Sala de Exposicións da Caixa de Aforros, Vigo (Pontevedra).
1977. Círculo Mercantil, Ribeira (A Coruña).
1978. Pub 'Modus Vivendi', Santiago (A Coruña), Aula de Cultura (Santiago), Sala Caixa de Aforros (Vigo) e Aula de Cultura (A Coruña).
1979. Sala Caixa de Aforros (Pontevedra) e Aula de Cultura (A Coruña).
1981. Aula de Cultura (Santiago), Liceo Marítimo (Vilagarcía) e Aula de Cultura (A Coruña).
1982. Antigua Sala (Vigo), Galería Sementeira, Noia (A Coruña) e Pub 'O Patacón' (A Coruña).
1983. Galería Abracadabra (Vigo) e Pub 'Jardín Umbrío' (Pobra do Caramiñal).
1988. Casa de España en Amberes (Bélxica).
1990. Lar Galego en Roterdam (Holanda) e Museo Valle-Inclán (Pobra do Caramiñal).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1966. Dirección Xeral de Belas Artes (Madrid).
1967. I Mostra de Arte Galego, Ribeira (A Coruña)
1970. I Bienal Rexional de Arte (Pontevedra).
1972. Bienal Rexional de Arte (Pontevedra).
1978. Colectiva pro-traballadores 'Ascón', Sala Van Gogh (Vigo).
1979. ‘Cinco Pintores Galegos’, Sala de Arte (Vigo).
1980. ‘Xuntanza Cultural das Comunidades do Barbanza’ (Santiago), ‘II Mostra de Arte Galego’ (Ribeira) e ‘V Bienal de Pintura Meigas e Trasgos’ (Sarria).
1981. ‘Colectiva Obradoiro C.A.B.’, Aula de Cultura (Santiago), ‘Pintores do Barbanza’, Centro Cultural de Boiro (A Coruña), Exposición Homenaxe a El Salvador (Santiago), ‘Plástica Galega’, Décimo Ciclo (Vigo) e ‘Homenaxe a Castelao’, Rianxo (A Coruña).
1982. ‘Día das Letras Galegas’, Boiro (A Coruña) e ‘Mostra de Pintura da II Universidade Popular’, Corcubión (A Coruña).
1983. 'A pintura galega hoxe', Concello da Coruña (A Coruña).
1985. ‘Semana Cultural dos Hispanofalantes’, Amsterdam (Holanda).
1990. ‘Cultuur uit Oost en West’, Amberes (Bélxica).

TRABALLO GRÁFICO
1979. Portada número especial dedicado ó Barbanza, 'La Voz de Galicia'.
1980. 'Aventura, ventura y desventura de los caballos de A Barbanza' e 'Os Canteiros Galegos', Carlos García Bayón, 'La Voz de Galicia'.
1981. 'Canciones y refranes de los vinos gallegos', Xavier Costa Clavell, 'La Voz de Galicia'.
1982. 'Centenario La Voz 1882-1982', La Voz de Galicia; 'No centenario do nacemento de James Joyce' Vicente Risco, 'Revista Dorna' Santiago e Cartel anunciador das Festas de Ribeira.
1983. Poema de Marcelo Gómez de Castro, 'Revista Dorna' Santiago; 'Valle-Inclán resucita en Puebla del Caramiñal' Carlos García Bayón, 'La Voz de Galicia' e 'Por las lagunas de la Barbanza' Carlos García Bayón, 'Revista La Coruña'.

 Outros datos de interese

A súa obra atópase en diversas institucións: Universidade de Santiago, Casa de España en Utrecht, Casa de España en Amberes, Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal,... e en coleccións privadas: Amsterdam, Bruxelas, Madrid, Santiago, Vigo, San Sebastián, A Pobra do Caramiñal, Ribeira...