Xosé de Cora Paradela


Pseudónimo:Morado
Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 5 de xuño de 1951
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Colaboracións en Radio Lugo e o xornal El Progreso (1969). Redactor da Axencia Efe en Madrid e Santiago de Compostela (1970). Corresponsal en Madrid de Ferrol Diario, Región de Oviedo, El Progreso de Lugo, La Voz de Avilés e Última Hora de Palma de Mallorca (1971). Colaboracións en Doblón, Lui,... (1973). Redactor xefe e director da revista especializada en medios de comunicación "En Punta" (1975). Director (1980) e director xeral (1985) do grupo de empresas El Progreso ( El Progreso, Productora E. P., Artes Gráficas E. P., TeleLugo e Diario de Pontevedra). Responsable do personaxe de Pelúdez (1995). Presidente da Asociación da Prensa de Lugo (1992). Tesoureiro do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia (2000). Presidente da Asociación Galega de Televisións Locais, ASGATEL (2000).

 Obras realizadas

Entre as súas obras podemos destacar: Ideologías para un Rey, Prensa clandestina antifranquista, La enciclopedia morada, Papá, Homes de Fole, Cien pájaros en mano, Barreiro contra Barreiro, Manual del perfecto político, El libro del viajero feliz, Letra de muller, Pecados manuais, Fascinación y misterio de ella, Pascual Veiga, Diccionario de Fole, Fala Fole e Xosé Trapero Pardo.