Miro Casabella


Data de Nacemento: En 1946
Lugar de Nacemento: Ferreira do Valadouro (Lugo)
 Currículum

Considerado pola crítica como o máis relevante dos cantautores galegos, formou parte do grupo Voces Ceibes (1968-1975). Ten actuado por toda Galicia, País Vasco, Cataluña, Madrid, Valencia, etc… así como en Alemaña, Francia, Bélxica, Canadá… A súa voz cálida e potente, con varios rexistros de riqueza notable e inconfundible é sen dúbida a voz do seu país.
Os poemas musicados por Miro Casabella van moito máis alá dos que tiveron a fortuna de ser gravados. O cancioneiro de Miro Casabella ofrece un percorrido moi completo pola literatura galega, desde os cancioneiros medievais Don Dinís, Airas Nunes, Alfonso X, Martín Códax…, o cancioneiro popular os romances “de amor”, “de don Gaiferos de Mormaltán”, “de dona Eusenda”, “das tres comadres”… e a poesía dos séculos XIX Rosalía e XX Ramón Cabanillas, Luís Pimentel, Celso Emilo Ferreiro, Manuel María, Uxío Novoneira, Salvador García Bodaño, Bernardino Graña, Marica Campo…, alén de composicións propias, como “Romance de Castrelo de Miño”, “Soia”, ou “No desterro”.

 Obras realizadas

DISCOGRAFÍA:
1. Miro canta as súas canciós (EP, Edigsa/Xistral, 1968).
2. Miro canta cantigas de escarnho e maldizer (EP. Edigsa/Xistral, 1969).
3. Miro Casabella: Coma os vellos troveiros / O meu país (Single, EMI, 1971).
4. Ti, Galiza (LP, Ariola, Serie Pauta, 1977).
5. Treboada (LP, Ariola, serie Pauta, 1978).
6. O son da estrela escura. Grupo Doa. Grávase en Madrid en 1979. Clave Records.
7. Orvallo (Picap, 2004).