Lorenzo García-Diego Pérez


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 28 de xaneiro de 1940
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Despois de cursar estudios no Seminario, na Escola de Comercio e de efectuar diversos traballos na Deputación de Lugo e en Agromán de Madrid, en 1963 trasládase a Barcelona, onde inicia os seus contactos coa arte, promovendo artistas, dirixindo galerías de arte e facendo de marchante de varios pintores. Publicou múltiples comentarios de arte e críticas en revistas e xornais como Ya (Madrid), La Vanguardia (Barcelona) e El Progreso" (Lugo).

 Obras realizadas

É autor de catorce interesantes monografías artísticas: La pintura de Puig Barella (1984), El pintor Rafael Salva (1985), El pintor Xavier Blanch (1986), Agustín Guasch, las huellas de un escultor (1987), La pintora Carmen Navarra Pruna (1988), El pintor Vila Puig (1989), El pintor Paulino Ustarroz (1990), El pintor enrique Beltrán Mesa (1990), Paulino Ustarroz (1990), El pintor Sadurní (1991), El pintor José Pomes (1991), El pintor Jordi Andreu Fresquet (1992), El pintor Sadurní (1992), La pintura catalana del 92 (Vídeo I y 2) (1992), El Pintor Alejandro Costa (Vídeo) (2000).

 Outros datos de interese

Como asesor, participou na confección do Diccionario Rafols de pinturas, esculturas e artistas de Cataluña e en varias entidades financeiras e colectividades relacionadas co mundo artístico. En 1972, dirixiu a galería de arte "Anglada" de Barcelona.