Traballou como xerente do Centro Galego de Arte Contemporáneo Carlos Maside e como documentalista do Grupo Sargadelos. En setembro de 2007 foi nomeado director do Centro Galego das Artes da Imaxe.
No eido audiovisual descubriu e recuperou a película “Botadura do Acorazado Alfonso XIII”, as primeiras imaxes en movemento que se conservan sobre Galicia. Entre as súas publicacións cómpre destacar “Rande. Mito e realidade”, “Bibliografía da Gastronomía de Galicia”, “Gravados e litografías de Maruja Mallo”, “O libro escolar en Galicia. Bibliografía” ou “Isaac Díaz Pardo. Creación e compromiso na Galicia do século XX”, entre outros moitos.
Ademais, foi o responsable da documentación gráfica en tres publicacións dirixidas por Ramón Villares: “Galicia século XX”, “Estrella Galicia, unha empresa, un século” e “O mundo do traballo en Galicia”.