Despois de matricularse na Facultade de Medicina de Santiago, actividade que abandonou de inmediato, empezou a practica-lo xornalismo, tendo que ter un gran coidado coa censura imperante na época.
Desenvolveu a súa profesión en case tódolos xornais de Galicia, algúns hoxe en actividade e outros, como La Noche de Santiago, La Hoja Oficial del Lunes, que editaba a Asociación da Prensa, ou El Pueblo Gallego, xa desaparecidos. El Pueblo Gallego resucitou recentemente gracias a Víctor Martínez de las Heras e a outros colegas e, tras rexistra-la súa cabeceira, xa está na rúa como publicación independente e de información xeral. Tamén fundou e dirixiu outras publicacións como "Informe Gráfico", "El Pope", "Informe Gallego", e algúns máis, incluso con ampla repercusión na América Latina ó servicio da poboación galega alí afincada.
Recibiu varios premios, pero dos que máis agradeceu é o último, no que se lle concedeu unha medalla polo Concello de Vigo en outubro de 1999. Foi o primeiro galego da zona sur en ter a licenciatura en Ciencias da Información, obtida na Universidade Complutense de Madrid.