Pilar Casal


Categoría: Xurista e escritora
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Pertence ao Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia no que ingresou por oposición. Diploma de directivo público. Master en administración electrónica. Desempeñou diversos postos de responsabilidade na Administración Pública. En outras etapas profesionais adicouse ao exercicio libre e á consultoría xurídica no ámbito da empresa privada.

Escritora vocacional, desenvolveu proxectos literarios diversos. Na súa faceta de ensaísta, o seu ensaio “Ser humanos” foi recoñecido co XXIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, e será publicado este ano 2025 pola editorial Galaxia. 

Vese motivada polo desenvolvemento personal e profesional e por promover accións de cambio na súa propia vida e na dos máis e formouse como coach executivo e profesional. Como tal, levou a cabo procesos de coaching con persoas vinculadas a diversas empresas, así como emprendedores e profesionais libres e colaborou como formadora nesas materias coa Fundación Barrié de la Maza e coa Universidade de Santiago de Compostela.

Entusiasta de todas as manifestacións artísticas, completou a súa formación como actriz profesional. Neste ámbito colaborou con diversas iniciativas de creación en materia de artes vivas.