Reside desde moi pequena en Cervo, de onde procede a súa familia. É enxeñeira técnica agrícola.
A súa andaina no PSdeG comezou en 2000 como Secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo, organización coa que permanece vinculada dende hai anos. Dende 2003, exerce como Concelleira do Partido Socialista no municipio mariñán. Secretaria da Organización Comarcal da Mariña e membro da Executiva Nacional Galega do Partido Socialista, forma parte ademais, da Directiva da Asociación de Mulleres Rurais con sé en Santiago de Compostela, entidade da que é Vicepresidenta.
En 2007, entrou a formar parte da 1º Corporación Provincial socialista en Lugo sendo, durante 4 anos, Vicepresidenta Segunda e responsable da área de Promoción Económica e de Emprego (INLUDES). Neste segundo mandato progresista na institución lucense, Lara Méndez volve revalidar as mesmas responsabilidades na institución pero ademais é responsable dunha das áreas de desenvolvemento máis importante: a que vincula a demografía coa execución dos fondos europeos, baixo o nome “Emprego, Economía Sostible e Demografía”. A Deputación de Lugo encabeza o listado de entidades locais que máis fondos europeos revalida ano a ano, captando na última convocatoria o 30% de todos os destinados a Galicia, e é a única institución española que creou unha área específica contra o despoboamento demográfico, o máis grave problema lugués e galego a afrontar no século XXI.
En 2015 foi elixida alcaldesa de Lugo.