José Reigosa


Categoría: Fotógrafo
Lugar de Nacemento: San Cosme de Barreiros (Lugo)

   Cultura
 Currículum

A súa toma de contacto coa fotografía foi máis ben tardía, xa que antes de cumpri-los 25 anos non se interesara por ela. Foi a través do libro Aprende Fotografía de Antoine Desilets como a descubriu e desde entón non a deixou. Cando chegou a Lugo entrou en contacto co grupo "Fonmiñá", que, ademais de aportarlle moitos amigos, axudoulle na súa formación como fotógrafo. Na actualidade o seu tema preferido é a figura humana, principalmente retrato e espido. Desde 1985 ten realizado unha vintena de exposicións, individuais e colectivas. Participou, ademais, na edición de diversos libros e catálogos. Diane Arbús dicía que facer un retrato é como seducir a alguén. Entre fotógrafo e modelo ten que haber unha boa comunicación e, canto máis intensa sexa, máis posibilidades hai de obter un bo resultado. É necesaria certa desnudez interior para que o retrato funcione. Facer retratos é unha boa maneira de facer amigos.

 Outros datos de interese

Páxina web: www.josereigosa.es