Andrés Pociña Pérez


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 8 de marzo de 1947
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutor en Filosofía Clásica pola Universidade de Salamanca, Catedrático de Filoloxía Latina na Universidade de Granada desde 1976. É especialista en Literatura Latina.

 Obras realizadas

Publicou ó redor de douscentos traballos, destacando os dedicados ó teatro clásico. Traballa tamén sobre Literatura Galega dos séculos XIX e XX, sendo autor en colaboración con Aurora López de varios volumes sobre Rosalía de Castro. No campo da creación literaria, publicou algúns libros de poesía, sobre todo en galego, (Versos para Aurora), 1999; relatos xornalísticos (Galicia e Granada), 1988; relatos curtos (Quince mulleres, quince momentos), 2000; novela (Nas trasparencias do Miño), inédita. Tamén escribiu sobre Literatura Latina, e algúns dos libros máis destacados son: El tragediógrafo latino Lucio Acio, Granada, 1984; Comienzos de la poesía latina, Madrid, 1988; Estudios sobre Plauto, Madrid, 1998; Estudios sobre comedia romana, Frankfurt, 2000, etc. Sobre Literatura Galega destacan as obras: Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica (1937-1990), 3 vol. A Coruña, 1991-1993; Edición crítica de Cantares Gallegos, Santiago, 1992; Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Santiago, 2000; Conversas con Maruxa Villanueva, A Coruña, 1995; etc.