Cursou estudios eclesiásticos no Seminario de Mondoñedo, onde se ordenou sacerdote no ano 1959.
En 1957 diplomouse en música sacra no Instituto Gregoriano de París.
No ano 1960 incorporouse, mediante oposición, ó clero da Catedral Basílica de Mondoñedo, onde exerceu o cargo de salmista. Nese mesmo ano incorporouse ó claustro de profesores do Real Seminario de Mondoñedo, para desempeñar a docencia.
Durante todo ese tempo compartiu as súas tarefas con outros cargos pastorais na capital da diocese.
En 1979 cesou na súa actividade no ministerio da Iglesia e pasou a exercer como funcionario da Administración do Estado, ocupando, entre outros, o posto de Director Local del Instituto Social da Marina, en Tapia de Casariego e, seguidamente, en Ribadeo.
Colaboraba asiduamente en espazos radiofónicos de opinión e tertulias e no semanario local de Ribadeo, La Comarca del Eo, así como noutras publicacións, como Rudesindus ou Estudios Mindonienses con traballos de carácter histórico.
Tamén era colaborador do apartado de Opinión de www.GaliciaDigital.com