Juan Orol emigrou a Venezuela, Estados Unidos, Cuba e México. En Cuba desempeñou múltiples oficios (xogador de béisbol, mecánico, boxeador e actor de teatro). Cando contaba vinte anos de idade volveu a México, onde se fixo toreiro e se deu a coñecer co nome de Esparterito. Alterou esta profesión coa de policía secreto ata 1928.
Con trinta e tres anos comezou a traballar como director artístico nunha empresa radiofónica á vez que colaboraba como actor secundario nalgunhas películas. Pouco despois, fundou a productora Aspa Films e desenvolveu unha intensa carreira cinematográfica. A súa última aparición no cine foi como actor na comedia Ni modo... así somos (1980).