Juan Rodríguez Yuste


Categoría: Profesor e político
Lugar de Nacemento: Jerez de los Caballeros (Badaxoz)
 Currículum

Juan Rodríguez Yuste é galego de adopción, xa que sendo natural de Jerez de los Caballeros (Badaxoz) e criándose en Sevilla, con 21 anos trasládase a Pontevedra onde se instala, casa e nacen os seus cinco fillos. É doutor en Ciencias Económicas, licenciado en Ciencias Económicas (especialidade de Economía de Empresa e Economía Xeral), Ciencias Políticas, Socioloxía, Dereito e Estatística e Enxeñería Técnica. Foi profesor da Universidade de Vigo e da UNED (nas áreas de Microeconomía, Estadística Teórica e Econometría). É funcionario do Corpo de Enxeñeiros Técnicos do Estado (Ministerio de Agricultura) e do Corpo Superior da Administración Autonómica. Entre os cargos públicos que ostentou figuran a xefatura do Servicio de Planificación, a Subdirección e Dirección Xeral de Planificación Económica e Relacións coa UE e a dirección da Fundación Galicia-Europa. Foi secretario xeral de Relacións coa UE e Acción Exterior da Xunta de Galicia. De 1999 a 2005 foi Conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

 Obras realizadas

É autor de numerosos artigos de investigación, libros e publicacións sobre economía pública e rexional.