Mario Vázquez Carballo


Categoría: Crego e profesor
Data de Nacemento: 19 de xaneiro de 1953
Lugar de Nacemento: Pesqueiras, San Estevo de Ribas de Miño. O Saviñao (Lugo)
Teléfono: 982223437
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Sacerdote secular da Diocese de Lugo (6-6-1976). Foi profesor e formador do Seminario Diocesano en Lugo (1976-79), profesor do Instituto Tetuán-Valdeaceras (Madrid, 1979-1982), Vicario na parroquia de San Ignacio de Loyola (Madrid), profesor de Relixión no Instituto de Colmenar Viejo (Madrid, 1982-86), párroco de Guadalix de la Sierra e Valdemanco (Madrid), delegado diocesano de Xuventude na Vigairía IX (Madrid), director do Centro de Teoloxía para Segrares (1986-1990). Foi secretario particular do bispo de Lugo, director do Secretariado Diocesano de Medios de Comunicación Social, director da programación relixiosa na Cope-Lugo, profesor do Seminario, profesor do Centro de Teoloxía para segrares, do Instituto Teolóxico Lucense, do Instituto Superior de Ciencias Relixiosas a distancia "San Agustín" (Madrid). Realizou estudios de Humanidades. É licenciado en Ciencias Relixiosas, licenciado en Teoloxía Sistemática (Universidade Pontificia Comillas-Madrid). Estudiou Cinematografía e Radiodifusión en Madrid. Foi Doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia Comillas de Madrid. Na actualidade é Vicario Xeral da Diócese de Lugo, Deán da Catedral e profesor na USC, no campus de Lugo, Facultade de Formación do Profesorado e no Instituto Teolóxico Lucense.

 Obras realizadas

Entre as súas actividades destacan programas relixiosos na Cope e Radio Nacional, artigos de divulgación teolóxica e pastoral nas revistas "Vida Nueva", "Ecclesia", "Misión Joven", "Lumieira", "Encrucillada" e "Lucensia". É colaborador habitual de El Progreso e La Voz de Galicia.

 Outros datos de interese

É membro da Federación Nacional de Asociacións de Radio e Televisión e membro do Instituto Enmanuel Mounier (Madrid). Actualmente está preparando a tese de doutoramento na Universidade Pontificia Comillas (Madrid) sobre as implicacións ético-sociais da reflexión trinitaria na Teoloxía da Liberación. É o actual director do Instituto Teolóxico Lucense.