Inicia os estudos plásticos na Escola de Artes Plásticas da súa cidade natal en 1985, ainda que en realidade se pode considerar autodidacta.
Realiza ilustración, deseño, fotografía e decoración, así como gravado, técnica que ten importancia na traxectoria deste artista.
Christian Villamide é un pintor completamente conceptual, participa do minimalismo. Superficies casi uniformes, vagamente erosionadas, en tonalidades grises, casi neutras, reciben a inscripción de manchas a modo de suxestións de formas, reiteradas, calculadamente distribuídas, xunto a esquematizacións dalgún elemento escueto.
Arte espiritualista, cerebral, moi elaborada pese á súa aparente despreocupación formal, claro que enganadora, porque o pouco que semella facer no cadro foi medido a conciencia. O silencio se impón nesta pintura axena a toda estridencia, a calquera alarde formal.
En 1985 realiza a súa primeira exposición na Deputación Provincial de Lugo. Dende entón, as súas mostras se extenderon por toda España, e fora dela, destacando a do Museo Municipal de Ourense en 1991. “Sensaciones grialicas” na Fundación Ana Torre de Bos Aires en 1992. “Volcán Vulva- Vulva Volcán” na Galería Pardo Bazán da Coruña, en 1994. “Humedades” na Galería Clérigos de Lugo, en 1997. “Asépticos” Caja Madrid en Pontevedra en 2000. E destacamos tamén “Mutación” no Museo Provincial de Lugo no 2002. “Percepciones" na Galería A+B de A Guarda. ”Paisajes incógnitos” en Novacaixagalicia en Vigo. “Dunas” na Galería Paloma Pintos de Santiago, en 2011. “Showroom” na Galería Pardo Bazán, A Coruña en 2013 entre outras.
Colectivamente a súa primeira participación se realizou en 1986, tamén en Lugo. Despois estará en eventos como o “Salón d´Artistas” en Mechelen, Bélxica en 1995. O “Forum Atlántico de Arte Contemporánea”. Porto (Portugal) en 1996. O “Foro Atlántico de Arte Contemporánea”, na Coruña en 1997. O ”VII Certame Isaac Díaz Pardo” A Coruña. En 2001. Participa na exposición “Foron Novisimos” Centro de Arte Torrente Ballester. Ferrol, en 2003. Na primeira e segunda mostra “Unión Fenosa”, en 1989 e 1991. “La mirada alrededor” Universidade de las Palmas de Gran Canaria en 2003, “Naturaleza con Arte" nos xardíns do Museo Quiñones de León, en Vigo. Para onde é adquirida unha das súas obras, en 2010. “73x73x273 A irmá do sono” en Santiago e Lugo. 2012. Tamén se viron obras del en ESTAMPA, ARCO en Madrid e ESPACIO ATLANTICO en Galicia e en bienais de distintas provincias españolas, destacando a II Bienal de Canarias (Arte, Arquitectura e Paisaxe) en 2009.