Ós 16 anos ingresa como tallista en madeira nun taller artesán de O Barco de Valdeorras, ós 20 anos trasládase a Madrid, e ingresa en Belas Artes (Artes Aplicadas e oficios artísticos). No tempo libre traballa e practica no estudio do escultor, J.L. Alonso Coomonte.
Ós 25 anos trasládase a Barcelona, onde instala o seu propio estudio, presenta algunhas exposiciónse aceptando encargos dalgúns arquitectos de gran prestixio; realizando maquetas e murais, para cubrir espacios nalgúns edificios da cidade Condal.
Ós 30 anos, decide trasladarse a Vigo, onde instala o seu propio estudio; traballa na actualidade, realizando numerosas esculturas e obras públicas.
COMENTARIO: A súa afección pola arte e a escultura remóntase xa á súa infancia. A súa nai traballaba para os Condes de Torrepenela e alí Pedro disfruta da biblioteca da condesa e das ferramentas de escultor do seu defunto marido. Ó cumprir quince anos trasládase ó Barco de Valdeorras para traballar como tallista nun obradoiro de ebanistería. Unha vez finalizado o servicio militar, regresou ó Barco ó seu traballo de ebanista aínda que por pouco tempo. Así, trasládase a Madrid para estudiar escultura na Escola de Artes e Oficios, dependente de Belas Artes, onde recibe as ensinanzas de profesores como Casado, Gallego, Capa e Alonso Coomonte. En 1970, cando contaba vintecinco anos, instalouse en Barcelona para abrir o seu propio obradoiro. Cinco anos máis tarde instalouse en Vigo, onde vive coa sua familia e traballa na actualidade.
Á súa chegada a Galicia empezou a realizar encargos menores, bustos e pequenas pezas. Posteriormente, foi realizando unha serie de obras entre as que destacan as seguintes: "Monumento ó emigrante" (Vilamartín de Valdeorras), “Monumento á liñeira” (As Neves, Pontevedra), “Arquitectura” (A Garda, Pontevedra), “Muller desconsolada” (desnudo feminino en bronce), “Tenaces do viento” (Carnota, A Coruña, 1994), “Muller pensativa” (Instituto Galego de Vivenda e Solo, Santiago de Compostela), “Atardecer”, “Monumento á muller traballadora” (A Bouza, Vigo), “Monumento á familia” (As Neves, Pontevedra, 1998), “Traballo, esforzo e industria” (Parque empresarial de Ribadavia, Ourense, 2002), “Custodia do pensamento”, "Eixo" (Celanova, Ourense), "Ulular do vento" (Poio, Pontevedra) e "Homenaxe ás Lavandeiras" (Marín, Pontevedra).
EXPOSICIÓNS:
Exposicións diversas en Madrid e Barcelona, sobre os anos 1968, 1969, 1970 e 1973.
1988. Exposición en Porriño, na sala de exposicións do Concello, Xuño.
1985 a 1992. Varias exposicións en centros culturais de Vigo.
Pedro Dobao.“A escultura Vista con ollos sinxelos.” Do 3 Setembro ao 3 de Outubro. Casa galega da Cultura.
2005. Pedro Dobao. “Escultura, Arte e Liberación”. Do 4 ó 20 de novembro. Castelo de Soutomaior (Pontevedra).
2006. Exposición "9X9" Casa das artes Vigo. Do 19 de Xaneiro o 26 de Febreiro.
2007. Exposición "El Hombre y sus conflictos” no Monasterio de Xagoaza, O Barco de Valdeorras (Ourense) organizado polo Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.
HONORES:
Membro rector da xunta de goberno do Museo Quiñones de León de Vigo.
BIBLIOGRAFÍA:
- Pedro Dobao. "Escultura, Arte e Liberación". Deputación de Pontevedra, 1995.
- Galicia Terra única, A escultura galega actual en Galicia, Xunta de Galicia (outubro 1997).
- Historia dos Monumentos de Vigo, Concellería de Cultura, Educación e Muller, 1998.
- Artistas de Galicia, Xunta de Galicia, 2003.
- Gallegos. Quien es Quien en la Galicia del siglo XXI, El Corrego Gallego, 2002.
- Enciclopedia Galega Universal, Editorial Ir Indo, Vigo, tomo 7, 2002.
- Colección Artistas Gallegos Escultores, Nova Galicia Edicións, 2003.
- 9x9. Casa das artes, Concello de Vigo.
OUTRAS PUBLICACIÓNS:
1986. Faro de Vigo ‘Boceto ó monumento a Castelao obra de Pedro Dobao’.
1988. Faro de Vigo “Pedro Dobao e o realismo social da sua escultura” (“O Home e o seus Conflictos”).
1988. Faro de Vigo “ Pedro Dobao”.
1988. La Voz de Galicia, - Exposición de escultura no Concello do Porriño”.
1990. Diario 16 “Etica e estética na obra de Pedro Dobao”.
1991. La voz de Galicia “Monumento ó emigrante”.
1992. Atlantico Diario “Pedro Dobao Rodríguez instalara a liñeira en As Neves”.
1992. La Región “Pedro Dobao”.
1994. Atlantico Diario “O escultor Pedro Dobao”.
1995. Atlántico Diario "A Liñeira".
1995. Faro de Vigo “A Familia en bronce”.
1996. Atlantico Diario, Pedro Dobao “O Museo de Vigo debe apoiar ós artistas galegos”.
2004. La Voz de Galicia “Pedro Dobao toma la Casa Galega da Cultura con trece esculturas”.
2005. La Voz de Galicia “Rotundidad y sentimiento lírico”.
PÁXINAS WEB:
www.dobao.net
www.esculturaurbana.com
www.vigoenfotos.com
www.culturagalega.info