José Francisco Real Castro


Pseudónimo:Cheché Real
Categoría: Empresario hosteleiro
Data de Nacemento: 7 de novembro de 1955
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Realiza os seus estudios no Colexio Maristas de Lugo e no Instituto Lucus Augusti. No ano 1975 trasládase a Londres co fin de aprender o idioma e nesta cidade toma contacto co sector da hostelería.

 Obras realizadas

Unha vez de volta ó país, concretamente en Madrid traballa en transportes internacionais, importación e exportación e despacho de aduanas, desenvolvendo o seu traballo nas Aduanas de Barajas, Peñuelas, Abroñigal e Coslada.
Dez anos despois de regreso en Lugo, abre un negocio de hostelería na rúa Clérigos e ó mesmo tempo faise cargo do restaurante Mesón de Pallares, propiedade dos seus sogros, na localidade de Guntín (Lugo), que actualmente rexenta.
En 1986 ingresa como socio na Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, pasando a formar parte da súa Xunta Directiva, como vocal no 1990, sendo vicepresidente da mesma durante oito anos e na actualidade ostenta a Presidencia de dita asociación.