Pachy Mouriño


Data de Nacemento: En 1950
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Cursou estudos na escola de mestría industrial de Lugo, pero dende moi novo, comezou a practicar as que se convertirían máis tarde nas súas dúas grandes paixóns, a música e o deporte, concretamente as artes marciais, nas que se formou como mestre nacional en taekwondo, pertencendo á Word taekwondo e á I.T.F. (International Taekwondo Federation), mestre de Hapkido (defensa persoal Coreana), Kobudo (armas orientais), mestre instructor en defensa persoal, policial e seguridade, mestre de Quan Kido, Kung Fu vietnamita, mestre de Viet Bo Dao, profesor de aerobic, Pilates, yoga-fitness, adestrador nacional de fisiculturismo e nutrición e adestrador de atletismo e halterofilia. Compaxina o deporte coa súa outra afición, a música.

Cursa estudos musicais co mestre Méndez (quen foi director da banda municipal de Lugo) e no conservatorio de música da Coruña entre os anos 60 e 70. Logo continua os seus estudos de instrumentos (piano e saxo) en distintas academias de música.

Os seus comezos artísticos, remontanse ó ano 65 participando como solista en festivais estudiantís e festivales como o "Micrófono de Oro", Festival do Landro, "Trampolín a la Fama"... No ano 67, comezou a súa carreira en grupos musicaís como "Los Boomerang", "Los intocables" e "Los Lirios" como batería e cantante. Logo foi fundador do grupo "Los Senex", "Los Alesandi" e "Los Sherry's". Incorporouse ó servizo militar no ano 71, abandonando temporalmente a súa carreira musical ainda que non totalmente, xa que en Melilla onde cumplía destino, tivo ó seu cargo a Banda de Trompetas e Tambores do Reximento Alcántara Díez, formando parte tamén do grupo musical que actuaba no Casino Militar de Melilla. 

Ó seu regreso a Lugo, incorporouse a grupos e orquestras musicais como "Mayka", "Key" da Coruña e "Kalú 96", grabando con este grupo discos na casa Fonogram. Nos anos 80 abandona a música por motivos laborais (incorporándose ó SERGAS) e adicándose á súa outra afición o deporte, a pesares de que se seguiu desenvolvendo os seus estudos musicais ata o día de hoxe. En 2009 despois de 30 anos, volve para cumplir a súa ilusión de grabar cancións dos seus ídolos e para que aqueles que nunca o escoitaron poidan facelo agora.

 

 Obras realizadas

Actualmente colabora organizando festivais coa ONG 'Ancianos del Mundo', para a que xa grabou dous discos, 'Nostalgias' e 'Morriñas', presentados no programa Luar de Televisión de Galicia.

Neste momento atópase traballando nun grande proxecto musical galego.