Pasou gran parte da súa nenez na Coruña e en Vigo a última etapa da súa vida. O seu pai, Secretario político do Goberno Superior de Galicia baixo o reinado de Fernando VII, foi perseguido e morre moi novo. A súa nai e as súas irmás trasládanse a Santander. En 1834 morre unha das súas irmás e instálanse en Madrid onde a súa nai quere enviala a un colexio distinguido para aprender bos modais. Asiste á Universidade baixo un disfrace de home dada a discriminación da época cara a muller.En 1848 casa con Fernando García Carrasco, a quen coñeceu na Universidade e foron perseguidos polo Goberno por defende-los seus ideais políticos. En 1854 morre a súa primeira filla e en 1875 o seu esposo. En 1868 é nomeada inspectora de Casas de Corrección de Mulleres.Concepción Arenal foi unha muller de ideas renovadoras que mantivo unha independencia política, social e en certo modo relixiosa. Para ela a única base estable dunha sociedade é a xustiza, nunca a intimidación.
A súa producción literaria comeza no ano 1851 coa publicación de Fábulas e romances. En 1854 colabora xunto co seu marido no periódico liberal Iberia. En 1858 escribe ¡Dios y la libertad!, un libro inédito que reflicte o seu profundo dolor e trauma da nenez pola morte do seu pai. A partir de aquí serán moitos os traballos de Concepción Arenal, sempre amosando a ansia de xustiza, dereito á educación, abolición da discriminación, etc. Velaquí as súas obras máis importantes: El visitador del pobre (1860), Beneficencia, Filantropía y Caridad (1861), La mujer del porvenir (1861), Cartas a los delincuentes (1865), El reo, el pueblo y el verdugo, o la ejecución política de pena de muerte (1867), A todos (1869), Examen de las bases aprobadas por las Cortes para la reforma de las prisiones (1869), Cartas a un obrero (1871), Cartas a un señor (1875), La pena de deportación (1875), Estudios penitenciarios (1877), La cárcel llamada Modelo (1877), La instrucción del pueblo (1878), El derecho de gentes (1879), El derecho de gracia ante la justicia (1880), La mujer de su casa (1881), Observaciones sobre la educación física, intelectual y moral de Herbert Spencer (1882), La igualdad social y política (1882), El pauperismo (1885), La instrucción del obrero (1892), La educación de la mujer (1892), El delito colectivo (1892)...Polo contrario, son moi poucos os seus traballos de temas estrictamente galegos. Hai que destacar Hay Irlanda, pero no Cobden (1880).