Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e diplomado en Estudos Eclesiásticos (Filosofía e Teoloxía) polo Seminario de Lugo. De 1968 a 1973 exerceu labores docentes e formativas en Lugo (Seminario e Instituto de Bacharelato Lucus Augusti). En 1975 ingresou na axencia Efe, da que foi delegado no País Vasco e en Navarra, onde en 1983 foi elixido presidente da Asociación da Prensa de Pamplona. En Madrid, foi responsable de información parlamentaria; xefe da sección de Sociedade; redactor-jefe y subdirector de Nacional, y director de los Departamentos de Gráfica y Reportajes, así como Asesor de la Presidencia de EFE.
É autor dos ensaios: 'Área de descanso. Reflexiones ad libitum' (Editorial Andavira, 2009) e 'De Profundis' (Andavira, 2022).
Autor do libro de relatos curtos 'In illo tempore' (Meubook, 2018).
É autor dos poemarios:
'Viajes a Catarsis. Poemas de vuelo rasante' (Tórculo, 2008)
'Haikus con Silvas' (Andavira, 2010)
'Haikus de acá e de acolá' (Andavira, 2013)
'Carpe diem' (Meubook, 2014)
'Posta de Sol' (Meubook, 2016)
'Viaxe ás raíces' (Andavira, 2019).
É coautor de 'La sonrisa urgente', libro de anécdotas publicado pola Agencia Efe (2008) e 'Universidad-Sociedad, ¿qué relaciones?', editado polo Consello Social da Universidad Complutense en 1990, no que se recollen varios debates sobre as relacións entre a Universidade e a Sociedade.
Na década dos setenta fixo traballos e ensaios académicos na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, como os relativos á vida e obra de Celso Emilio Ferreiro, Paulo Freire e Franz Kafka, así como, entre outros, os referidos á emigración en Galicia ou a independencia de Mozambique.
Publicou artigos de opinión nunha vintena de xornais españois, entre eles 'El Progreso' de Lugo e 'El Correo Gallego' de Santiago de Compostela, así como nunha media ducia de revistas, como 'Cambio 16', 'Mundo Hispánico', 'Tauta' e 'La Mirada limpia'. É colaborador habitual do 'Boletín do Centro de Estudios Melidenses', que edita o Museo da Terra de Melide.
Pronunciou conferencias en varias universidades españolas, entre elas na Facultade de Dereito da Complutense de Madrid, a Facultade de Xornalismo da Pontificia de Salamanca e a SEK de Segovia, e en centros de Bacharelato, como o Liceo Francés de Madrid, referidas, na súa meirande parte, ao dereito á información e os seus límites (situados, básicamente, no dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe).
Tamén pronunciou unha conferencia en Lugo sobre a 'Eucaristía en un mundo globalizado' (2005), organizada polo Cabildo da Catedral, e outra sobre Xornalismo (2013), invitado pola Asociación da Prensa de Lugo. Asimismo -é invitado pola Xunta de Cofradías- pronunciou o pregón da Semana Santa de Lugo 2014 no Salón Rexio do Círculo das Artes.
A Asociación de Xornalistas de Radio e Televisión de Lugo concedeulle en 1999 o premio "Amar a Lugo", e no 2000 foi investido, en Santiago de Compostela, Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago. En 1956, o Seminario de Lugo outorgoulle o Segundo Premio Scholae Latinitatis.