Jaime Félix López Arias


Pseudónimo:Arlindo López
Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 25 de setembro de 1949
Lugar de Nacemento: Nespereira - Sarria (Lugo)
Teléfono: 982530589
Fax: 982530589
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Profesor de Primaria (1968) con dedicación á educación de adultos e graduado social (1972), licenciouse en Dereito en 1978. Na actualidade é profesor no Instituto de Ensino Secundario “Gregorio Fernández” –Ensino de Adultos-, onde dirixe un curso de Historia Comarcal e exerce a avogacía en Sarria. Recibiu o premio de relato Meigas e Trasgos, a Camelia de Ouro en Vilagarcía e Convivio de Guimaraes (ensaio).

 Obras realizadas

É autor dos seguintes libros: As augas toldas (relato, accesit Pedrón de Ouro), Cuco Rei (relato, accesit Pedrón de Ouro), Sarria (Editorial Everest, 2002), Santa María Madalena de Sarria (S. P. Deputación de Lugo, 1996), O Trasno da Cervela, relato en “Grial” e A primeira Deputación de Lugo (en trámite de edición). Promoveu o Arquivo Comarcal de Sarria e as asociacións culturais “Arcas” e “Irmandade Sarria-Guerledan”. Ten publicado numerosos traballos de investigación histórica no Boletín do Museo Provincial de Lugo, no Boletín do Seminario de Estudios Sarrianos e na revista “Seurros”, relacionados coas súas investigacións sobre a comarca de Sarria, tanto sobre asuntos históricos como etnográficos. Ademais, participa nas publicacións “O Tamborileiro” (Sarria), “Casa Grande de Sarria” e nos libros-programa das Festas de San Xoán con artigos de temática histórica.

 Outros datos de interese

Ten a punto de rematar dúas obras de temática sarriá: Os mosteiros de Barbadelo e Os Hospitais de San Lázaro e Santo Antón de Sarria. Estudioso do Camiño de Santiago, publicou en El Progreso “O camiño francés de Biduedo a Lugo”.