Felipe Fernández Armesto


Pseudónimo:Augusto Assía
Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 20 de abril de 1906 (†2 de febreiro de 2002)
Lugar de Nacemento: A Mezquita (Ourense)
 Currículum

Felipe Fernández Armesto comezou a súa carreira literaria en Santiago de Compostela, onde estudiaba Filosofía e Letras. A Súa primeira publicación, escrita en galego, foi a novela curta Xelo, o salvaxe (1925), pero pronto abandonou a literatura para dedicarse ó xornalismo. En Santiago de Compostela dirixiu a páxina universitaria do xornal El Pueblo Gallego. Pouco despois trasladouse a París para asistir a un curso de Historia na Sorbona e logo a Berlín onde foi nomeado lector de literatura española da Universidade. Usando o pseudónimo de Augusto Assía, comezou a traballar como correspondente de La Vanguardia en 1929. En 1933, foi expulsado de Alemaña despois da subida de Hitler ó poder e pasou a Londres como correspondente de La Vanguardia, onde permaneceu ata que regresou a España ó comeza-la Guerra Civil.

 Obras realizadas

Augusto Assía foi autor de varios libros, destacando La traición como arte, Cuando yunque, yunque y cuando martillo, martillo, Vidas inglesas, Los ingleses en su isla e Mi vuelta al mundo de los yanquis.

 Outros datos de interese

Recibiu varios premios e condecoracións como o de Cabaleiro da Orde do Imperio Británico, a Medalla Castelao e o Premio Galicia de Comunicación (2000). En 1950, casou coa xornalista María Victoria Fernández España, neta do fundador de La Voz de Galicia.