Victor Tajes Martíns


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1971
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Víctor, manifesta desde moi cedo e de maneira autodidacta, as súas inquietudes artísticas. Con 18 anos colga a súa primeira exposición individual e a partir de aí comeza a participar no mundo da plástica, contando cun interesante percorrido e diversas exposicións na súa traxectoria, tanto a nivel individual como colectivas.
Estuda Interiorismo e Decoración na Escola Mestre Mateo de Compostela, para despois introducirse no mundo da decoración, realizando murais, trampantoxos, e traballos orientados á ambientación de espazos, tanto comerciais como particulares, realizados en España e Portugal.
Imparte clases de debuxo nunha escola de Xoiería de Vigo, durante varios anos.
En 2003 adéntrase na actividade artesanal-creativa de “pintura e revestimentos decorativos”, obtendo así a carta de mestre artesán.
Durante o ano 2005 leva a cabo, conxuntamento con outros tres artesáns, un proxecto educativo chamado “Artespida” que abarca as áreas de cerámica, marroquinería e ourivaría, ademais da de pintura. Fundamentalmente, dito proxecto consiste en exposicións didácticas guiadas e obradoiros participativos para grupos escolares.

 Obras realizadas

Exposicións Individuais
-1992: Centro Cultural de Chapela (Redondela).
-1995: Café Arco da Vella (Vigo).
-1996: Pub Ardora (Vigo), Café O Bardo (Vigo), Café Antares (Vigo) e Pub Carpe Diem (Vigo).
-1997: Café Arco da Vella (Vigo) e Café A Casa das Crechas (Santiago de Compostela).
-2000: Café Arco da Vella (Vigo), Café Pepa A Loba (Santiago de Compostela) e Café Muíño da Ponte (Redondela).
-2001: Cafetería La Llave de Oro (Vigo), Café Pepa A Loba (Santiago de Compostela), Pub Carpe Diem (Vigo) e Xoiería Quiros (Vigo).
-2002: Café Pepa A Loba (Santiago de Compostela), Taberna A Cova do Gaiteiro (Vilaboa), Café Onde Sempre (Ponteareas) e English Pub Yago’s - Mondariz Balneario.
-2003: Café Onde Sempre (Ponteareas), Sala de exposicións Mador Arte (La Guardia), English Pub Yago’s (Mondariz Balneario), Cafetería Jardín (Bueu) e Pub Otro Compás (Vigo).
-2004: Hotel Praia Santa Bahía – Alcabre (Vigo), Cervecería 44 (Lugo), Pub Nordeste - San Ciprián (Lugo) e Café Alquimia - Foz (Lugo).
-2005: Cervecería 44 (Lugo), Café Onde Sempre (Ponteareas), Pub Bombardier (Ponferrada), Trastevere Café (A Guarda), Pub Nordeste - San Ciprián (Lugo), Hotel Bierzo Plaza (Ponferrada) e Cafetería Pili (Arcade).
-2008: Sala de exposicións Ángel Botello, Casa da Cultura (Cangas).
-2009: Café Goya (Ponteareas).
-2010: Galería 74, Porto (Portugal).
 
 
Exposicións Colectivas
-1989: Certame “Novos Artistas 89”, Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.
-1990: I Concurso de Pintura “Porto de Vigo” - Estación Marítima de Vigo.
-1991: “Novos Valores 91” - Museo de Pontevedra, II Concurso de Pintura “Porto de Vigo” - Estación Marítima de Vigo e “Belas Artes 91” Casa das Artes e da Historia – Vigo.
-1995: VII Certame de Artes Plásticas Concello de Tui.
-2003: “Arte no Morrazo”, XI Colectiva de Pintura e Escultura, “VIII Certame Ilmo. Concello de Cangas Frigoríficos do Morrazo” Casa da Cultura de Cangas, Sala de Exposicións Ángel Botello.
-2008: “Presence of Mind” by L’agenzia Di Arte. Galería Lugar do Vinho, Porto (Portugal), “Arte no Morrazo”, XVI Colectiva de Pintura e Escultura, “XIII Certame Ilmo. Concello de Cangas Frigoríficos do Morrazo”, Sala de exposicións - Auditorio Municipal (Cangas), “Presence Of Mind” by L’agenzia Di Arte. Museu de Lamego (Portugal) e “Presence Of Mind” by L’agenzia Di Arte. Galería Atlântica, Vilamoura (Portugal).
-2009: “Factory” by L’agenzia Di Arte. Galería do Auditorio Municipal de Vila de Conde (Portugal), “Factory” by L’agenzia Di Arte. Museo Grão Vasco, Viseu (Portugal), “Arte no Morrazo, XVII Colectiva de Pintura e Escultura, XIV Certame Ilmo. Concello de Cangas Frigoríficos do Morrazo”, Sala de Exposicións, Auditorio Municipal (Cangas) e “Factory” by L’agenzia Di Arte. Galería Chroma (Vigo).
-2010: “Contemporary Expressions” by L’agenzia Di Arte. Sala Arquitecto Palacios, Club Financeiro de Vigo (España) e Galería Atlântica, Vilamoura (Portugal).
 

 Outros datos de interese

Actualmente, exerce como monitor de debuxo e pintura en varios colexios e obradoiros de manualidades de Vigo, ao tempo que continúa realizando murais e exposicións de pintura.