Bieito Pérez Outeiriño


Categoría: Arqueólogo, profesor e escritor.
Data de Nacemento: 5 de setembro de 1954
Lugar de Nacemento: A Mezquita-A Merca (Ourense)
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Letras (especialidade en Arqueoloxía) pola Universidade de Valladolid en 1989. Accede ó Corpo Facultativo de Conservadores de Museos do Estado en 1985. Foi conservador facultativo do Museo Nacional de Arte Romano de Mérida (1987-1993), xefe do servicio de Arqueoloxía (Xunta de Galicia, 1987-1993), subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais (Xunta de Galicia, 1993-1998) e director do Museo das Peregrinacións (desde 1998).As súas investigacións están centradas no estudio da ourivería prehistórica do noroeste peninsular, na xestión do patrimonio cultural e nos museos. Dirixiu diversas campañas de escavación arqueolóxica en San Cibrán de Las (Ourense) e na Alcazaba de Mérida (Badaxoz), participando en numerosas escavacións e demais actividades arqueolóxicas de campo. Impartiu numerosos cursos e conferencias.

 Obras realizadas

Publicou varios libros entre os que destacan: -De ourivesaria castrexa. I. Arracades. Ourense, 1982; -Museo Nacional de Arte Romano. Madrid, 1988 (en colaboración). -Sellos de alfarero en terra sigillata hallados en Mérida. Mérida, 1991. Tamén publicou arredor dun cento de artigos, destacando: -"Os ornitomofgos no conxunto dos motivos decorativos da orfebrería castrexa" (1980). -"Informe sobre las excavaciones arqueológicas de 'A Cidade de San Cibrán de Las" (1985). -"Torques" (1986). -"A Cidade de San Cibrán de Las. Obxectivos e resultados das últimas intervencións arqueolóxicas (1982-1983)" (1987). -"Almacenamento da materia prima entre os ourives castrexos. Lingotes planoconvexos" (1992). -"Primeiras manifestacións da ourivería no noroeste peninsular" (1985). -"Estado da cuestión acerca do nacemento da ourivería no noroeste peninsular e as primeiras etapas do seu desenvolvemento" (1999),...

 Outros datos de interese

Foi coordinador do equipo redactor do borrador técnico da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e coordinador do equipo redactor do expediente para a declaración da Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade.