Daniel Calzado Poceiro


Categoría: Galeguista
Data de Nacemento: En 1891 (†11 de novembro de 1972)
Lugar de Nacemento: Tomiño (Pontevedra)
 Currículum

En 1911 partiu do porto de Vigo a Bos Aires, onde se sumou á colectividade galega, colaborando coa asociación de residentes do seu concello. Uns anos antes da instauración da Segunda República, volveu ó seu pobo e participou na fundación de varias sociedades de agricultores, estando presente na Federación Agraria Municipal de Tomiño e na Federación Xudicial Agraria de Tui. Tamén organizou e presidiu a Asociación "La Aurora del Porvenir". Durante a Segunda República foi elixido alcalde de Tomiño.

 Obras realizadas

Trala derrota das forzas republicanas, volveu a Bos Aires e fundou varias organizacións políticas e culturais. Calzado participou tamén no Consello de Galicia creado por Castelao para representar a Galicia, mentres non houbera un goberno lexitimado polas furnas. Na asemblea do Consello de 1965 é elixido Presidente da Comisión de Finanzas do mesmo. Ocupou varios cargos na Agrupación “Celta” do Centro Galego.

 Outros datos de interese

En 1970, a Agrupación pro Centro Galego "Breogán”, da que era presidente honorario, rendeulle unha homenaxe.