Galego por liña paterna, Francisco Castro era coñecido como o “churriguera galego”. Viviu primeiro en Melide e desde 1696 residiu en Ourense, onde levou a cabo varias obras na catedral, no Convento de Santo Domingo e no Convento de San Francisco. Ademais, fixo un retablo para a capela maior do Convento de Santo Domingo en Ribadavia, do que só se conservan uns restos e tamén hai mostras da súa arte no Convento de San Salvador de Celanova e na catedral de Tui.